UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 27 de septiembre de 2013

UN BO VENRES

Hoxe tivemos un día con moitas actividades na Pementeira. Despois de poñer mandilóns e colgar chaquetas e mochilas nos percheiros, con algúns enfados e choros (porque a profe pide e pide que o intenten e hai quen non quere nin mover un pé nin unha man) pero xa  en menor cantidade que outros días, empezamos a  xornada escolar cantando a nosa canción de saúdo e pasamos lista. A continuación lemos un conto e fixemos un xogo de buscar as vogais (que lles gusta moito por certo). E logo fixemos unha ficha relacionada co outono. Hoxe foi o primeiro día que traballamos todos xuntos. O resultado foi diverso. Algúns pementeiros entenderon moi ben a tarefa e fixeron o traballo como campeóns así que a profe puxo unha xoaniña na súa ficha; outros traballaron moi ben pero non foron capaces de rematar (así que outro día haberá que reservar un pouquiño de tempo para facelo), e outros non traballaron tan ben porque non escoitaron con atención o que mandou a profe ou non tiñan moitas ganas de esforzarse, pero eu espero que o próximo día xa o fagan mellor. 
Por outra banda, aproveito esta nova entrada no blogue para poñer a foto de dous compañeiros que estiveron facendo a ficha do número 1 e a ra que lles quedara sin facer. E quero felicitar a Iker que hoxe non chorou nadiña para facer a ficha e a fixo requetebén e nun periquete. El púxose moi feliz e eu tamén.


Como chovía moito pensei que era un bo día para facer algo de exercicio e puxémonos a saltar nas pozas. Pero non vos asustedes que non tiñan auga de verdade e os pequepementeiros non mollaron os pes. Na aula de psico pintamos uns círculos con tiza e xogamos a "Paco, Paquito, salta el charquito...". Mirade que ben o pasaron dando brincos.





E, por último, vouvos mostrar as fermosas follas de outono que pintaron os vosos fillos e fillas coas esponxas.













4 comentarios:

  1. Profe, un día eses charcos teñen que levar auga, vas a ver como o pasan aínda mellor jajaja!! Moi ben, moitas actividades para un só venres, sí señor!!! Ánimo para os pequepementeiros por traballar tanto e ánimo para Teté, "Dios" che de paciencia jajajaja!! Un bico para tod@s e feliz fin de semanaaa!!! Muaksss

    ResponderEliminar
  2. Iso seguro! con auga é moito máis divertido saltar nos charcos e xa se encargan eles de facelo algún día de chuvia no patio, mentres as profes andamos detrás deles para que non se mollen, jajajaja, pero sempre foi así, penso que non hai neno ou nena que non disfrute meténdose polas pozas, verdade? Grazas Pere e bo "finde" tamén para vos aínda que veña mollado!

    ResponderEliminar
  3. E mais ainda dende que todos ven "Peppa Pig". Agora todos son un pouco mais "porquiños", no sentido divertido, claro. Paciencia tes moita e ideas tamén. Así @s "enamoras" a tod@s (os alumnos e alumnas, quero dicir, non vaia ser que cause eu algún mal entendido na casa, ja,ja, ja...)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polos ánimos Pili, estou esforzándome moito por animar a estes novos pementeiros a que fagan cousas e disfruten no cole e os "enamoramentos" estanse facendo de rogar, jajajaja, terei que seguir "loitando" e a ver se con pequeños pasiños imos facendo grupo, imos collendo ritmo e hábitos e despois seguro que todo irá vento en popa. De novo, grazas, por seguirnos e por deixar os vosos comentarios!

      Eliminar