UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 12 de septiembre de 2013

SEGUNDO DÍA DE COLE. ¡OUTRO ÉXITO!

¡Que marabilla! isto está saíndo requetebén.
Estes novos pementeiros e pementeiras están sendo uns campeóns. Hoxe, por primeira vez, cantamos a nosa canción de saúdo (que imos cantar todos os días nada máis entrar para empezar a xornada escolar). E parece que lles gustou porque xa se animaron a repetir os xestos e a darlle as palmas seguindo o ritmo. Despois, contamos de novo o conto da tartaruga tímida e xa todos recordaban perfectamente a historia e participaron activamente no relato.
A tartaruga era tan tímida que non quería saír da súa casa nin ter amigos, porque tiña moita vergoña.

Pero, despois, comprendeu que era moito máis divertido ter amigos que estar sempre soa. Así que xa se fixo amiga da xirafa, do elefente, o crocodilo, os monos e todos os animais que vivían preto dela. Os pequepementeiros estiveron de  acordo en que era moito mellor, sen dúbida, ter amigos que non telos. Así que, a ver se é verdade e somos todos amigos neste cole.
E logo, todo o mundo a traballar. Mirade, mirade como saben traballar estes pementeir@s:



No segundo grupo tivemos un espontáneo que lle contou o seu conto ao resto dos "compis" (que, por certo, escoitaron o relato con atención).¡Dentro de un par de días xa me quitan o posto!








Como vedes as cousas van ben. Esperemos que aínda melloren máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario