UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 15 de septiembre de 2013

EL POLLO PEPE

O venres, na aula "A Pementeira" disfrutamos moito co conto "El pollo Pepe". A verdade é que PEPE sempre ten éxito entre os máis pequenos porque é un tragón, come moita cebada, moito trigo e moito millo e iso fai que teña unha barriga moi gorda, un forte pico e unhas grandes patas.Tamén cantamos a canción do conto.
Aquí están as fotos que demostran que os pequepementeiros estaban moi contentos de ter a PEPE na aula.


Como podedes ver PEPE é de cor amarela. Leo informounos rapidamente de que é amarelo como a M. ¿Amarelo como a M?- preguntei eu sen entender moi ben ese dato que nos aportaba Leo. E cheo de razón puntualizou:
-¡Claroooo! Amarelo como a M de MacDonalds.

Non sei en que estaba eu pensando, porque isto sábeo todo o mundo.


Despois de coñecer a PEPE, fomos ao patio a xogar coa area. estivemos fóra pouquiño tempo porque facía moitísimo calor. Pero, aínda así, foi un día moi divertido.
















¡Ah! e tamén quero compartir con vos a preciosa flor de plastilina que nos fixo Nora. ¡Mirade!

Seguro que o luns será outro día xenial no cole.


3 comentarios:

  1. Unhas palabras de ánimo para os PEQUEPEMENTEIROS, para os seus papis/mamis e sobre todo para a PROFE, que o período de adaptación logo pasa e é unha porta a un mundo cheo de sorpresas onde atoparán moitas cousas que aprender.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mela, moitas, moitas grazas por estar aínda con nós!Hoxe fixen unha visita rápida aos meus expementeiros (que o serán para sempre) e o bico que me deu Pablo cargoume de enerxía e boas vibracións (as chicas, incluída Ana foron moito máis espontáneas e expresivas e abrazáronme con forza, pero eu sei que Pablo coa súa prudencia, e coa súa introspección, dixo moito coa mirada e co seu bico). Agora terei que manter ese listón de pementeiros ao mesmo nivel e a ver como o fago. Ata o de agora está sendo un período de adaptación bastante fácil, sen choros nen dramas así que espero ter outra magnífica remesa de nenos e nenas intelixentes e con ganas de aprender. Un bico moi forte!

      Eliminar
  2. Grazas a tí, Teté. Si as nenas te abrazan, e si Pablo, co tímido que é, che dá un bico, é porque o ganastes a pulso. Os nenos non esconden nada, non teñen segundas intencións. Todo o cariño que che amosan é porque o mereces.Conseguir que os nenos aprendan todo o que aprenderon (leer e escribir en maiusculas e minúsculas...e moitísimas cousas mais) e que te queiran como te queren, é unha mostra de que o teu método de ensino é exemplar.
    Estou segura que subides o listón, cada vez o nenos son mais listos (xa ves, xa non choran!!! ¡¡choramos os pais, je, je !!..)... e sei que ti non eres das que deixa que o nivel baixe. Grazas a tí, Teté.

    ResponderEliminar