UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 21 de septiembre de 2013

CABEZA, HOMBROS, RODILLAS...

Os pequepementeir@s xa están a pleno rendemento, disfrutando de todo o que facemos no cole. Onte bailamos unha vez máis unha das súas cancións favoritas, que é moi axeitada para ir sinalando as partes do corpo e traballar un pouco o ritmo e a coordinación.
Aquí vos deixo uns vídeos para que tamén na casa disfrutedes vendo aos vosos artistas. Pero pensade que aínda o van facer moito, moito mellor e eu estarei encantada de mostrárvolo máis adiante.








E, como prometín, aproveito para poñer un par de fotos máis do que fixemos o venres na aula. Por unha banda Zinthia e Ana fixeron requetebén a ficha do número 1 pegando gomets e pintando de verde unha simpática ra. Como podedes observar estaban moi concentradas na tarefa. ¡Quedoulles realmente ben!
Por outra banda, Noa fixo as dúas A que leva o nome da súa mamá como ela ben nos explicou. E por suposto houbo que inmortalizar o momento. Aí está cun sorriso que compite co da nena que temos de fondo no blogue. Iso é alegría e satisfacción polo traballo ben feito e o demáis son contos.




9 comentarios:

  1. jajaja,que bonito!!!! Leo siempre tuvo muchísima vergüenza para bailar,vamos a confiar en que lo consiga aunque te va a costar Tete.

    ResponderEliminar
  2. Vamos a ser optimistas! yo creo que lo hará muy bien pero aún estamos conociéndonos, observándolo todo, cogiendo confianza, jejejejeje. Ya veréis como dentro de pronto nos sorprenden todos! Gracias Salva por visitarnos y dejar tu comentario!

    ResponderEliminar
  3. Dou fe de que dentro de nada están todos estes pequeños bailando, cantando, dicindo algunhas palabriñas en inglés, buscando paises polo mapamundi, escribindo as súas primeiras letras, empezando a ler,.... e podería seguir así escribindo parte da noite, pero teño que deixalo porque estou empezando a emocionarme e as bagoas non me deixan ver a pantalla. Recordame isto a fai tres anos cando empezaron os nosos pementeir@s e estabamos todos sorprendidos co que a profe Teté fai con eles. Agora os nosos xa acabaron e están os vosos. Papis e mamis destes novos pementeiros, ilusionadevos e alegradevos con eles igual que o fixemos nós veredes como son tres anos inolvidables. Asegúrovolo,
    Bicos a todos.
    A mamá de Rita (unha ex-pementeira)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Pili! Non sabes o que me anima que poñades estas cousas no blogue! Empezar algo novo sempre costa, hai que coñecerse, analizar as distintas personalidades, ver as capacidades de cada un, responder a moitas dúbidas e inseguridades etc. e lendo esto parece que me tranquiliza un pouco, se vós entendéstedes todo o proceso vivido estes tres anos sei que os papás e mamás do novo grupo tamén o van entender e seguro que pronto vemos moitos avances. E como ben dis, coa vosa ilusión e colaboración todo é máis levadeiro e sinxelo. GRAZAS!!!!!! (E mañán estarei mandándote boas vibracións para que todo saia ben, ¡SORTE!)

      Eliminar
  4. Pero que artistas!!! Traballo me costou dar co novo blog, Teté!!! Non sabía que abriras un novo e miraba sempre no de antes e vía que non modificabas nada ata que o localicei.... Noraboa por acadar que estes cativ@s se porten e traballen tan ben en tan pouquiño tempo!!! Un bico enorme para tod@s.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Iso é interese ! jajajaja! Grazas pola túa fidelidade. a ver se o novo blogue empeza a ter vidilla, que parecía medio parado. estamos en fase de despegue, empezando unha nova etapa cuns novos pequepementeiros por iso tamén quixen darlles un espazo propio e diferenciado do grupo anterior (pero é certo que tamén podía seguir co anterior posto que era o blogue de aula) En fin a ver se pouco a pouco imos facendo cousiñas e a xente se anima a visitarnos e deixarnos comentarios. ¡Moitas GRAZAS!

      Eliminar
    2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    3. Eu creo que a xente sí se aníma a visitar o blog, ¡¡¡pero mira o contador!! Xa pasa das 500 visitas!!!
      a este ritmo logo superamos o noso querido PEMENTEIRADAS, animo a todos os papis e mamis de pementeiradas DOS a visitalo e comprobar ¡¡¡todos os éxitos acadados pola anterior remesa de pementeiros , que non hai nada mellor que velo para creelo!!!!
      Bicos e apertas.

      Eliminar
    4. Ata eu o miro de cando en vez para animarme! jejejeje. Mela, de novo grazas por seguir aí. Pero moitas das visitas son miñas porque ando probando cousas, quito e poño outras...e cada vez que comprobo ou modifico algo vai contando, jajajaja! Pero seguirei poñendo a miña ilusión no traballo de aula e no blogue para que estes pementeiros pronto estén mostrando o que saben facer por si mesmos! Un forte bico!

      Eliminar